A Brigada Central descarta a implicación dos policías xemelgos na morte dun compañeiro e apunta ao suicidio
A Brigada Central descarta a implicación dos policías xemelgos na morte dun compañeiro e apunta ao suicidio
Os xemelgos foron detidos hai catro anos en relación con este suposto crime que instrúe o Xulgado número 3 de Ourense

Hai novidades respecto aos dous policías xemelgos investigados en relación coa morte dun compañeiro na comisaría de Ourense hai seis anos. Nas últimas horas transcendeu un informe da unidade de homicidios da Brigada Central da Policía Xudicial en Madrid no que se descarta a súa implicación por falta de probas.
Os expertos da Policía Nacional apuntan ao suicidio. Os xemelgos foron detidos hai catro anos en relación con este suposto crime que instrúe o Xulgado número 3 de Ourense e que, polo momento, os mantén como investigados.