A bancada impaciéntase por un proxecto que non acaba de arrincar
O Celta volve baixar un posto e colócase ás beiras do descenso
Tres vitorias na Liga en 22 xornadas é unha bagaxe escasa
Cando se achegaba o final do partido, volveu escoitarse en Balaídos o de "Benítez, vaite xa". E o ruxido volveu co asubío final. Cando a Benítez se lle pregunta por eses berros, está incómodo e á defensiva.
Estamos na xornada 22. Só tres vitorias na Liga. O Celta con maior orzamento e maior gasto de xogadores na historia do club está moi preto da zona vermella da clasificación. Só seguindo un chisco a Aspas no último partido, vemos que hai algo que non funciona, que hai ansiedade e que Benítez non dá coa tecla.
Rafa Benítez asinou no verán un millonario contrato por tres anos e a presidenta Marián Mouriño sempre amosou confianza máxima no adestrador.