Cargando resultados...
A Audiencia Nacional procesa doce detidos na operación Cetil
A Audiencia Nacional procesa doce detidos na operación Cetil
Axentes da UCO e da DEA lograron retirar do mercado negro máis de 6.000 quilos de cocaína

G24.gal
06/02/2023 12:31
A Audiencia Nacional procesa os doce integrantes da maior organización de tráfico de cocaína en Europa. Os acusados son cidadáns dos Países Baixos e Colombia detidos no marco da operación Cetil. Nela, axentes da UCO e da DEA lograron retirar do mercado negro máis de 6.000 quilos de cocaína. Chegaba en contedores desde Colombia a portos como o de Marín, onde comezou a investigación que fixo caer a rede.