Publicador de contidos

Publicador de contidos

A atención psicolóxica, principal reivindicación no Día Mundial contra o Cancro Infantil e Xuvenil

A atención psicolóxica, principal reivindicación no Día Mundial contra o Cancro Infantil e Xuvenil

O acompañamento emocional e psicolóxico é fundamental no proceso de diagnóstico e tratamento das enfermidades oncolóxicas

As asociacións de pacientes celebraron hoxe nos hospitais galegos o día mundial contra esta enfermidade

G24.gal 14/02/2025 14:31

"O cancro infantil ten unha supervivencia do 85 %. Son unhas cifras boas e que se van mellorando. Pero precisamos máis esforzos dos médicos, das administracións", declarou Alexandra Regueiro, oncóloga pediátrica do CHUS, no  acto de hoxe no Clínico de Santiago. 

Asistiron nenos e nenas que superaron ou están no proceso de superar a enfermidade. Non é unha doenza frecuente, pero son case 1.100 novos casos ao ano en España. En Galicia, Santiago atende o 75 % dos pacientes.

Icía Seijo, de 13 anos e que foi paciente, reivindicaba no manifesto a necesidade de psicólogos e de espazos de acompañamento emocional.

"O diagnóstico dun cancro infantil impacta dun xeito devastador e inesperado aos menores e ás súas familias", dixo Laura Vázquez, psicóloga de Asanog.  
 

 "O mundo para e ti queres baixar, e é un proceso longo e difícil, pero no noso caso tivo un final feliz", engadiu Chelo Naya, nai de Icía.


No Clínico de Santiago recolleron a demanda e anunciaron hoxe que van contar cun psicólogo especializado asignado ao servizo de oncoloxía infantil.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade