Publicador de contidos

Publicador de contidos

A asociación Themis, de mulleres xuristas, cre que non se avaliou ben o risco no crime machista de Oia

A asociación Themis, de mulleres xuristas, cre que non se avaliou ben o risco no crime machista de Oia

Dende este colectivo consideran que a vítima debía ter acceso a medios telemáticos que a avisasen da proximidade do asasino, que tiña unha orde de afastamento

G24.gal 05/06/2023 09:24

A Asociación de Mulleres Xuristas Themis considera que se infravalorou o risco que tiña a vítima do asasinato machista ocorrido este sábado en Oia. Unha das portavoces do colectivo, Ángela Alemany, apuntaba nunha entrevista no progama Galicia por diante da Radio Galega que ese "risco medio" co que foi clasificado o caso de Ana Vanessa Serén era insuficiente.

De ser catalogado de risco alto, sinala, a vítima "tería que ter acceso a unha pulseira que marcase a distancia e ao mellor iso daríalle acceso a un lugar seguro". "É evidente que algo fallou", di.

Alemany tamén lamenta que non se detectase que o asasino, a quen lle fora retirada a arma regulamentaria, "tiña acceso a outras armas".

Para loitar contra a violencia machista, a portavoz de Themis cre que hai que incidir na difusión dos recursos que teñen á súa disposición mulleres vítimas de violencia: "As vítimas ás veces non teñen acceso ou non se atreven a acceder aos servizos de información e de asistencia. Temos que conseguir que as vítimas se animen".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade