Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Asociación Galega de Axuda aos Enfermos con Alzhéimer presenta unha guía para axudar os coidadores

A Asociación Galega de Axuda aos Enfermos con Alzhéimer presenta unha guía para axudar os coidadores

Está tamén dispoñible en Internet e ofrece información sobre os síntomas, recursos sanitarios e axudas dispoñibles  

Os investigadores do CIMUS expuxeron as novas liñas de traballo sobre esta doenza 

G24.gal 15/09/2025 14:30

Deambulación, agresividade, desinhibición, alteracións no sono. Son algúns dos síntomas do alzhéimer. Recoñecer  estas anomalías, saber onde recorrer, como actuar, e como tratar os enfermos nas distintas fases deste tipo de demencia é o obxectivo da guía que acaba de publicar AGADEA. Unha guía destinada tamén a que os coidadores saiban coidarse, porque o seu benestar é fundamental tamén para o benestar das persoas con esta demencia.

"A paciencia e o humor como os primeiros ingredientes que temos que ter como coidadores para que as persoas afectadas e tamén os coidadores teñan a mellor calidade de vida posible. Ninguén nace aprendido e nunha enfermidade tan complexa é moi necesario ter este tipo de guías", explicou Taida Sánchez, neuropsicóloga de AGADEA.


A guía está dispoñible en Internet e presentouse este luns nestas xornadas, onde os investigadores do CIMUS expuxeron tamén as liñas de traballo que desenvolven para tratar de frear a enfermidade.

 "Nos últimos anos  viuse que a barreira hematoencefálica xoga un papel moi importante en distintas enfermidades dexenarativas, non só na enfermidade e alzhéimer", Dolores Viña, investigadora principal do Grupo de Farmacoloxía de Enfermidades Crónicas do CIMUS, explicou que buscan dianas e fármacos que permitan manter esa estrutura.  

En Galicia hai unhas 70.000 persoas con demencia. O acceso ao diagnóstico precoz a través de técnicas de imaxe e mesmo en analíticas pode mellorar moito o prognóstico. Tamén o acceso a recursos sociosanitarios de estimulación cognitiva. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade