Publicador de contidos
Publicador de contidos

A artista Luz Casal, premio "Casa dos Poetas" de Celanova

A artista Luz Casal, premio "Casa dos Poetas" de Celanova

G24.gal 04/09/2022 13:45 Última actualización 04/09/2022 13:49

Luz Casal recibiu este domingo o Premio "Casa dos Poetas" de Celanova. A cantante de Boimorto foi galardoada coa medalla e o diploma que acredita a súa achega á cultura do país e recoñece a súa traxectoria durante varias décadas.

Tras a homenaxe floral e musical, o claustro barroco do mosteiro de San Salvador de Celanova foi o escenario deste acto de recoñecemento. A premiada e os convidados comparten nestes momentos un xantar na Horta da Palabra.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade