Publicador de contidos

Publicador de contidos

A armadora do Pitanxo transferiu como un anticipo de nómina unha doazón ás familias

A armadora do Pitanxo transferiu como un anticipo de nómina unha doazón ás familias

As familias din que ninguén lles facilitou información sobre a doazón

Piden que se corrixa o concepto da transferencia

Marta González Salve 29/06/2022 13:55

A organización benéfica francesa Société de Secours et des Oeuvres de Mer doou pouco despois do naufraxio do Villa de Pitanxo unha cantidade para axudar as familias das vítimas. Unha doazón que chegou directamente á armadora Nores, e da que a día de hoxe os beneficiarios pouco saben.

Desinformacion á que se engade o concepto erróneo co que, segundo din, a armadora transferiu os cartos aos beneficiarios. 

As familias din que a armadora non respectou o acordo que por unanimidade tomaran entre elas sobre como xestionar as axudas que lles estaban a ofrecer.

Televisión de Galicia falou con responsables da armadora Nores, que rexeitaron facer declaracións limitándose a cualificar de mentireiras as familias.

"Estamos cansos de que nos digan que mentimos, o que queremos é que se fagan as cousas ben", di Carolina Alcántara, esposa dun dos mariñeiros falecidos no naufraxio. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade