Publicador de contidos

Publicador de contidos

A área sanitaria da Coruña ten a maior presión hospitalaria

A área sanitaria da Coruña ten a maior presión hospitalaria

G24.gal 13/01/2022 14:40

A área sanitaria da Coruña é a que ten maior presión hospitalaria, con 118 ingresos por COVID, 15 deles na unidade de críticos. A cifra de novos contaxios baixou con respecto a onte, pero segue a ser elevadísima, foron máis de 1.500 positivos (1508) en 24 horas.

As incidencias acumuladas a 14 días seguen disparadas en practicamente todos os concellos da área. O peor dato témolo aquí, na Laracha, con preto de 3.500 casos (3.489) por cada 100.000 habitantes. Malia todo, a vacinación inxecta tranquilidade entre os veciños, que agora mesmo amosan máis respecto ca preocupación polo virus.

"Non me preocupa, téñolle respecto e non quero collelo, pero son optimista".
"Eu vivino, pasei o coronavirus e xa non teño a sensación de medo que tiña antes".
"A vacina dáme tranquilidade, que non veña tan forte, porque seguramente o colleremos igual, pero tamén nos vacinamos cada ano da gripe e raro é o ano que non temos un pouco de gripe".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade