Publicador de contidos

Publicador de contidos

A área de Vigo volve superar os 2.000 contaxios novos

A área de Vigo volve superar os 2.000 contaxios novos

Grazas ás altas médicas baixan os casos activos aos 14 .074

O Porriño ten xa unha incedencia acumulada de 3.740 casos


 

Casa do concello de O Porriño
G24.gal 13/01/2022 14:26

"Eu hai dous anos que non entro nun bar e antes entrabamos unha vez por semana con amigos", comenta un señor.

 "Saír á rúa non me dá medo, pero si me dá medo o café e ir a un restaurante, dáme medo porque tes que sacar a máscara", apunta unha señora.

Hai medo ao contaxio e non é para menos, xa que as cifras de positivos non paran de medrar. Hoxe a área sanitaria de Vigo suma 2.119 casos novos e dá a sensación de que isto non vai acabar nunca.

"Eu teño 77 anos e miro isto un pouco mal, e penso que isto vai ser unha gripe coma as que sempre foi habendo", continúa o señor.

 "Eu creo que hai que empezar a tomar o tema cun pouquiño máis de tranquilidade nese sentido, esquecernos non, pero empezar a normalizar un pouco a situación nese sentido, porque senón isto non vai acabar nunca", fala un rapaz.

Dentro da área sanitaria, O Porriño segue ser o concello con máis incidencia. Ten hoxe 756 persoas infectadas e na rúa non se fala doutra cousa, da importancia de cumprir as normas.

 "Eu levo a miña máscara, teño coidado e non o collín nunca, así que de momento parece que estou facendo algo ben", explica un rapaz.

Pero sempre hai quen non fai as cousas ben.

 "Aquela, mira, está agora coa máscara baixada. Chula, pon a máscara para arriba, a máscara...", rífalle unha froiteira a unha clienta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade