A área de Pontevedra e O Salnés rexistra de novo máis de 300 infeccións diarias
Supera a barreira dos 3.000 casos activos
Pontevedra segue a ser a cidade de Galicia coa maior incidencia
A covid desbarata os plans das xuntanzas navideñas
"Veño para facer a proba e asegurarme de que podo cear coa miña familia", conta unha rapaza
Hai preocupación de cara ás xuntanzas familiares, e boa proba son as ringleiras que baixo a choiva se formaron un día máis para facer as PCR en Pontevedra, a cidade de Galicia coa maior incidencia e coa taxa de positividade de case o 16%.
"A miña parella deu positivo nun test de antíxenos, ten algo de molestias na gorxa, e eu, a pesar de que dei negativo, creo que debo de vir mirar se son positivo", apunta un rapaz
Este vai ser o Nadal dos cambios de última hora
"Ata o último día que fixen o test non sabía se podería pasar as vacacións coa miña familia ou tería que estar en Polonia morta de noxo", explica unha moza.
"Pois si, ía ser unha cea coa familia e ao final vai ser cada un só", fala un veciño.
"Cambiamos todos os plans, cancelamos todo, e creo que este ano hai que ter un pouquiño máis de responsabilidade", comenta Laura, comerciante.
"Mantense con moita precaución, por suposto, e sempre e cando ningún deamos positivo, senón para a casiña e 10 días polo menos illados de todo o mundo", conta un señor.
Con 312 novas infeccións, a área sanitaria de Pontevedra-O Salnés segue disparada en número de contaxios. Hoxe supera a barreira dos 3.000 e achégase ao pico máximo que se rexistrou durante o verán.