Publicador de contidos

Publicador de contidos

A analise xenética permite descubrir cada vez máis mutacións asociadas a tumores

A analise xenética permite descubrir cada vez máis mutacións asociadas a tumores

Dispoñer desa información permite aplicar os tratamentos de forma máis específica a cada tipo de cancro

Especialistas nacionais e internacionais expoñen en Santiago os últimos avances no Congreso Internacional da Asociación Española de Investigación contra o Cancro 

G24.gal 16/11/2022 15:23

Despois de dúas reunións que tiveron que ser virtuais por mor da pandemia, a Asociación Española de Investigación contra o Cancro, ASEICA, logrou celebrar o congreso internacional que tiñan previsto organizar en Santiago.

Expertos de distintas áreas poñen en común aquí os avances no coñecemento e na abordaxe de cada tipo de tumor. Como por exemplo nos de pulmón para o que se determinaron xa polo menos dez subtipos, segundo proteína ou xen no que se identifica a anomalía.  

Dar cos mecanismos de resistencia das células tumorais é un dos retos actuais dos investigadores. Tamén estudan como sacarlle máis partido á intelixencia artificial para o tratamento dos datos ou como ampliar as posibilidades de detección precoz con técnicas como a biopsia líquida, cada vez máis utilizada e que en catro ou cinco anos será de uso xeneralizado, en opinión de Rafael López, o Director Grupo de Oncoloxía Médica ONCOMED do Hospital Clínico de Santiago e un dos organizadores do Congreso.  

Outra das liñas en que máis traballan os investigadores do cancro actualmente é a da inmunoterapia personalizada para cada paciente. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade