Publicador de contidos

Publicador de contidos

A afección do Negreira mobilízase coa Copa do Rei

A afección do Negreira mobilízase coa Copa do Rei

As 3.000 entradas dispoñibles para o partido están esgotadas

No estadio ultiman os preparativos para que o campo estea nas mellores condicións para o encontro

G24.gal 28/10/2025 14:50

Negreira viste hoxe de vermello, e diso encárgase José, que apura o rotulado das últimas camisetas. 

"Hoxe é o día que lle imos gañar a Real Sociedade".

A poucos metros, noutra tenda, están as camisetas oficiais que estrearán hoxe os xogadores. 

"Hai moita ilusión". "Os nenos nos coles, non paran de falar do partido e din a ver se gañamos". "0-0 e a penaltis, confiamos nos porteiros", din varios seareiros.

A afección está preparada para animar o seu equipo, e no estadio unhas 50 persoas traballaron durante as últimas semanas na posta a punto do campo para recibir á Real Sociedade.

Nos sesenta anos de historia, o club que xoga na Preferente galega disputa hoxe o seu partido máis importante.

"Xogas contra un equipo de primeira división nunha competición oficial, como é Copa do Rei. Nunca pensamos en chegar a estes niveis", di Julián Ferreiro, presidente do Club.

"Van dar o 200 por cen, que gocen", di Carlos Berdullas, director deportivo do equipo.

Houbo que duplicar a capacidade das bancadas e instalar focos extra de luz. As tres mil entradas para o partido esgotáronse.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade