Publicador de contidos
Publicador de contidos

A AECC pon en marcha os Clubs da Saúde para atender os enfermos do medio rural

A AECC pon en marcha os Clubs da Saúde para atender os enfermos do medio rural

Os concellos de Vimianzo, Melide e Cedeira van ser os primeiros onde se ensaie este proxecto

G24.gal 29/04/2024 14:21

Voluntarios e profesionais da Atención Primaria e dos servizos sociais van formar parte dos Clubs da Saúde, que hoxe presentou na Coruña a Asociación Española de Loita contra Cancro.

Os concellos de Vimianzo, Melide e Cedeira van ser os primeiros onde se ensaie este proxecto, que ten como obxectivo achegar apoio físico, emocional e social aos enfermos oncolóxicos e as súas familias.

"Levamos catro anos coa idea da equidade na cabeza. Loitando para que todos os enfermos de cancro, vivan onde vivan,  teñan igualdade de oportunidades no acceso ao apoio que precisan", declarou Manuel Aguilar, o presidente da AECC na Coruña.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade