Cargando resultados...
A adaptación á LOMLOE fai que falten algúns libros de xeito momentáneo
A adaptación á LOMLOE fai que falten algúns libros de xeito momentáneo
Os cursos afectados son os impares de primaria e secundaria
G24.gal
03/09/2022 16:02
Última actualización 03/09/2022 17:19
A matrícula en infantil e primaria continúa á baixa, pero hai máis alumnado en secundaria, bacharelato e formación profesional, que aumentou exponencialmente. En total, son 311.179.
O inicio de curso vén marcado pola adaptación á nova lei educativa, que condicionará o retorno ás aulas. Os novos currículos obrigaron a adaptar contidos e hai problemas para conseguir todos os manuais nos cursos impares. Pero será algo puntual.
Outra novidade deste curso é que comeza, en todos os niveis, o vindeiro xoves, 8 de setembro. Ademais, será o primeiro sen restricións dende o inicio da pandemia.