Publicador de contidos

Publicador de contidos

O temporal de vento e neve complica o regreso da ponte en España

O temporal de vento e neve complica o regreso da ponte en España

O mal tempo deixou 85 estradas afectadas pola neve

Algúns refachos de vento superaron os 140 km en Asturias

En Euskadi baleiraron encoros ante a previsión de que siga chovendo

13 estradas secundarias cortadas e 55 con cadeas
analois 08/12/2021 20:54

A AEMET mantén para as vindeiras horas o aviso por neve en todo o norte da Península. Unha situación que se manterá durante boa parte deste xoves. O temporal Barra preocupa especialmente porque está afectando as estradas no día de volta dunha longa ponte. 

Na tardiña deste mércores había xa seis autoestradas e autovías afectadas por neve no Cebreiro, na Mezquita, Asturias, Cantabria, Castela León e Navarra.

Na rede secundaria hai máis de 80 quilómetros de estradas cortadas e máis de 500 km en nivel vermello. É dicir, que prohiben o tráfico de vehículos pesados e nos que só poden circular os coches pequenos que leven cadeas postas.

A neve converteuse en pesadelo para uns e nunha bendición para outros. Tamén hai aviso por mal tempo no mar no Cantábrico, en Cataluña e Andalucía.

En Euskadi un cruceiro con destino á Palma tivo que refuxiarse no porto de Bilbao. E varios encoros están soltando auga para evitar asolagamentos pola previsión de que siga chovendo.

Ademais hai avisos por vento en practicamente todo o país. En Asturias os refachos chegaron aos 143 km a hora e en Barcelona, o vento provocou múltiples accidentes na cidade, entre eles, a caída dalgúns elementos da fachada do Corte Inglés de praza Cataluña.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade