Cargando resultados...
Setenta e seis anos do bikini, a peza imprescindible que ao principio ninguén quería poñer
Inventouno un enxeñeiro francés, que tivo que contratar unha bailarina para presentalo, xa que as mulleres non se atrevían a poñelo
G24.gal
07/07/2022 21:18
Última actualización 07/07/2022 21:46
A primeira muller que o puxo foi unha bailarina do Casino de París. Ningunha outra se atrevía.
Era xullo de 1946. O enxeñeiro que o inventou díxolle que o efecto sería máis potente ca a bomba que probaran no atol de Bikini.
Impactaba e escandalizaba ao mesmo tempo.
Moito tivo que ir pasando entre aqueles traxes de baño imposibles e os bikinis metalizados da firma da Kardashian para este verán.