Publicador de contidos

Publicador de contidos

75 condenados a multas pola liorta entre ultras de Atlético e Deportivo

75 condenados a multas pola liorta entre ultras de Atlético e Deportivo

A sentenza impútalles unha condena por delito de lesións e a dous deles tamén por atentado

G24.gal 30/12/2022 17:44 Última actualización 30/12/2022 18:30

O xulgado de Madrid condena a multas de entre 300 e 1.350 euros a 75 acusados de participar en 2014 na pelexa entre ultras do Frente Atlético, do Atlético de Madrid e dos Riazor Blues, do Deportivo da Coruña, en que morreu o siareiro Francisco Javier Romero, alias Jimmy.

A sentenza impútalles un delito de lesións nunha liorta tumultuaria e a dous deles tamén por atentado polo que deberán indemnizar en 4.500 euros a un policía nacional. Os feitos acontecidos o 30 de novembro de 2014 nas inmediacións do estadio Vicente Calderón antes do partido de fútbol entre ambos clubs.

Do total de condenados 71 recoñeceron os feitos e a sentenza absolve cinco acusados de participar na pelexa despois de que retirara la acusación para outros dous. Ademais, dez dos acusados foron absoltos do delito de tenza ilícita de armas polo que tamén foron imputados.

Na causa xulgouse unha peza do caso diferente á seguida pola morte de Jimmy que está pendente de que a Audiencia Provincial de Madrid decida se confirma o arquivo decretado pola xuíza de instrución, que non atopou indicios suficientes para procesar a unha persoa concreta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade