Publicador de contidos
Publicador de contidos

70 proxectos científicos e tecnolóxicos feitos por estudantes presentáronse en Galiciencia

70 proxectos científicos e tecnolóxicos feitos por estudantes presentáronse en Galiciencia

Galiciencia comezou o mércores no Parque Tecnolóxico de Galicia, en San Cibrao das Viñas

Vencellar a ciencia á sostibilidade e á economía circular que é ademais o lema deste ano

G24.gal 13/05/2022 14:09 Última actualización 13/05/2022 14:24

Volve ao Parque Tecnolóxico de Galicia, en San Cibrao das Viñas, Galiciencia. Comezou o mércores e hoxe é o último día para que alumnado de todo o país coñeza os 70 proxectos científicos e tecnolóxicos que aquí se presentan, este ano baixo o lema da Economía circular.

Parece ciencia ficción, pero non. Estas dúas estudantes da aula da Tecnópole deseñaron un vehículo que se move coa mente. Cren que podería aplicarse nas cadeiras de rodas. Hai moito nivel nesta edición 17 de Galiciencia.

Ademais evita o desperdicio da auga dos aspersores, por exemplo, porque pode programarse por goteo. E coñecemos outro sistema moi útil para regar, neste caso aproveitando a auga da choiva para os invernadoiros.

Bioplástico, que se degrada e así non contamina, bombas de sementes, xabóns feitos con residuos, drons para transportar órganos, entre outros. No Galiciencia hai propostas moi variadas e todas sorprendentes. Como este semáforo para persoas cegas e xordas.

Espertar vocacións científicas é o obxectivo de Galiciencia. E parece que a feira si esperta interese entre os preto de 3.000 participantes. Vencellar a ciencia á sostibilidade e á economía circular que é ademais o lema deste ano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade