Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sete vivendas do barrio vigués de Teis levan 17 días sen auga

Sete vivendas do barrio vigués de Teis levan 17 días sen auga

A compañía subministradora do servizo de auga alega que a avaría produciuse nunha rúa privada

A Asociación veciña de Teis reclámalle a Aqualia e ao concello de Vigo unha solución inmediata

G24.gal 22/05/2022 17:36 Última actualización 22/05/2022 18:45

Sen auga desde hai máis de dúas semanas. Para abastecérense, non lles queda outra que ir a esta fonte pública varias veces ao día.

"Pensabamos que era unha avaría, e vale, un día podes estar, dous días podes estar, pero isto estase alongando dúas semanas. Para cociñar, para ducharte, necesitas auga e ademais vannos cobrar, é un canon que pagamos", explica un veciño afectado

A falta de subministración aféctalle a sete vivendas da Travesía de Chané, no barrio vigués de Teis.

"É unha verdadeira vergoña, porque aquí hai xente enferma, hai unha persoa que ten 90 e pico anos, que o están pasando moi mal. O que me da vergoña é que no ano 2022 esteamos nesta situación"

"Hai persoas maiores. Un día pasa, dous tamén, pero agora xa que lle poñan unha solución canto antes mellor", comentan dúas veciñas afectadas

Segundo a veciñanza, a compañía concesionaria do servizo de auga alega que o problema aféctalle a unha rúa privada e que deben ser os propietarios os que solucionen a avaría.

"Os propietarios decidimos pola nosa conta arranxar un treito da canalización, pero seguimos nas mesmas, non é problema noso, son as condicións nas que se atopa a rúa"

"Nós non podemos acceder aos sumidoiros públicos e Aqualia coa escusa de que é privado tampouco vén. Entón levamos 2 semanas sen auga e ninguén vén a arranxar isto".

"Porque aquí no fondo que hai? Hai un problema de deterioración da rede de abastecemento. Aqualia non quere asumir o mantemento da rede e pretende que o fagan os veciños, alegando que estamos a falar dun camiño privado, pero non é así. Este é un acceso público, aquí hai vaos, hai abastecemento, saneamento, hai iluminación…, explica Anxo Iglesias, presidente da Asociación veciñal de Teis.

Varios afectados presentaron reclamacións ante a concesionaria sen que polo momento desen resultado. Representantes da Asociación veciñal de Teis van acudir maña ao concello de Vigo para esixiren unha solución despois de 17 días sen auga.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade