Cargando resultados...
Máis de 60 aves participan no campionato galego de cetrería na Terra Chá
Un dos obxectivos do evento é a divulgación da caza con aves rapaces
G24.gal
26/10/2025 14:24
Última actualización 26/10/2025 17:10
O XXII Campionato Galego de Cetrería, que se celebrou esta fin de semana na Terra Chá, repartiu actividades entre os concellos de Vilalba e Cospeito.
Disputáronse cinco modalidades de voo: altanería, pequenas aves, baixo voo harrys, baixo voo azores e man por mar, que se fai con falcóns. Como presas empregan perdices e paspallás.
O certame celebrouse no Areeiro, onde se xuntaron ducias de persoas para compartir unha afección que trouxeron a estas terras visitantes dende distintos puntos da península.
Un dos obxectivos deste campionato é a divulgación desta actividade, que non ten moitos seguidores. De feito, estímase que en Galicia haberá uns 150 cetreiros.