Publicador de contidos

Publicador de contidos

58 persoas afectadas polo fume dun incendio nun baixo de Barcelona

58 persoas afectadas polo fume dun incendio nun baixo de Barcelona

O fume obrigou a desaloxar temporalmente unha residencia xeriátrica próxima

Os veciños de Sant Adrià de Besòs culpan do incendio a uns ocupantes ilegais

Dez dotacións de bombeiros tardaron case tres horas en apagar o incendio
G24.gal 07/08/2022 20:16 Última actualización 07/08/2022 20:42

Cincuenta e oito persoas tiveron que recibir asistencia médica, e seis delas foron ingresadas no hospital, a consecuencia do incendio dun baixo na localidade barcelonesa de Sant Adrià de Besòs. 

O fume obrigou a desaloxar tamén unha residencia xeriátrica próxima

O fume xerado polo incendio obrigou os bombeiros a desaloxar unha residencia xeriátrica próxima, aínda que os vinte e un residentes puideron regresar pouco tempo despois.

Tanto as 52 persoas atendidas no lugar coma os seis evacuados aos hospitais tiñan problemas leves derivados da inhalación de fume. 

Os veciños culpan do incendio os ocupantes do local queimado

O lume comezou arredor das nove da mañá deste domingo, nun local céntrico de Sant Adrià. Os veciños culpan do incendio ás persoas que ocupaban ilegalmente o baixo sinistrado. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade