Publicador de contidos

Publicador de contidos

Verino inaugura na súa vila natal unha exposición que percorre en fotos toda a súa traxectoria profesional

Verino inaugura na súa vila natal unha exposición que percorre en fotos toda a súa traxectoria profesional

40 fotos dende a primeira colección de Verino en 1982, cando a modelo era unha amiga da familia, ata as imaxes das grandes tops dos noventa que consolidaron a proxección internacional da marca

G24.gal 01/07/2022 13:36

Este é un ano especial para Roberto Verino, que fai 40 anos no mundo da moda. Para celebralo, inaugurou na súa vila natal unha exposición que percorre en fotos toda a súa traxectoria profesional. Unha mostra para recrearse coa imaxe dos seus mellores deseños.

40 fotos dende a primeira colección de Verino en 1982, cando a modelo era unha amiga da familia, ata as imaxes das grandes tops dos noventa que consolidaron a proxección internacional da marca. Algunhas como Cristy Turlington souberon representar ao máximo a esencia da firma.

Ata que o corpo aguante di Verino que vai seguir traballando, pero cederá parte das rendas do negocio á súa filla. O proxecto é seguir evolucionando sen perder a esencia dos seus deseños.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade