Publicador de contidos

Publicador de contidos

Inaugúrase a primeira exposición sobre a historia de Roberto Verino

Inaugúrase a primeira exposición sobre a historia de Roberto Verino

Unha exposición fotográfica recolle a historia da marca

G24.gal 16/03/2023 21:33 Última actualización 16/03/2023 21:59

O deseñador galego Roberto Verino inaugurou en Madrid a primeira exposición sobre a historia da marca que lle deu fama e prestixio. 

Son 41 fotografías, unha por cada ano que ten a marca. Cada unha delas mostra unha peza de roupa e xuntas poderían formar unha colección recente, porque Roberto Verino foi un pioneiro na moda con deseños sinxelos e atemporais.

"Ese é o meu estilo, que é capaz de pasar desapercibido no mundo das tendencias pero importante para as persoas que o poñen en valor. O grave do mundo da moda é que o vestido leve a persoa e non ao contrario", di Verino.

Con esta filosofía, Roberto Mariño Fernández lanzou a súa primeira colección como Roberto Verino en 1982.  E así explica como logrou a marca sobrevivir a crises económicas, a unha competencia brutal e ao concepto de moda low cost.

"Que sexa máis un investimento ca un gasto, que cada prenda sume no seu armario e que cada persoa se sinta diferente das demais", di.

Declárase amante do branco e o negro e así o reflicte nesta primeira exposición. Di que haberá máis porque aínda sen el, dentro doutros 40 anos, a marca continuará...

Asegura: "Cando unha marca é tan coñecida e valorada, aínda que eu non estea non pasa nada. Seguirá a marca e eu fareime inmortal".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos