Publicador de contidos
Publicador de contidos

Trescentos afeccionados do Sevilla viaxan a Lens malia as restricións do Goberno francés

Trescentos afeccionados do Sevilla viaxan a Lens malia as restricións do Goberno francés

Arríscanse a unha pena de seis meses de cárcere e unha multa de 30.000 euros

A Real Sociedade busca o primeiro posto do seu grupo e o Real Madrid disputa un partido de trámite

G24.gal 11/12/2023 20:25

O Sevilla, xa eliminado da Champions, xogará ante o Lens a posibilidade de acceder á Europa League se consegue a terceira praza do grupo. Para logralo terá que gañar en Francia, onde todo parece indicar que estará só, sen a súa afección.

O Goberno francés prohibía nas últimas horas a viaxe dos seareiros andaluces. O ministro do Interior francés anunciou que tras a morte dun afeccionado en Nantes non permitiría a entrada dos seguidores do Sevilla a Lens. Os que se arrisquen a asistir poderían acabar cunha pena de cárcere de seis meses ou unha multa de 30.000 euros. O club hispalense non entende esta medida e está traballando para poder resolvelo.

O Real Madrid pecha a fase de grupos en Berlín xa cos deberes feitos. Xa está clasificado como primeiro de grupo, así que os de Ancelotti buscarán acabar a fase con pleno de vitorias. O Unión Berlín podería seguir en Europa se gaña, pero non depende de si mesmo. Ancelotti fará rotacións e xa anunciou que a portería será para Kepa.

E a Real Sociedade xa está en Milán, onde mañá xogará co Inter a opción de pasar a oitavos como primeira de grupo. Para lograr ese liderado, o conxunto vasco precisa empatar ou gañar. Ambos  os equipos están xa clasificados. Imanol non poderá contar nin con Barrenetxea nin con Brais Méndez, lesionados. Si estarán Le Normand e Oyarzabal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar