Unha trintena de lugares para facer o test de antíxenos de balde en Galicia
Máis do 50% de positivos este domingo na estación de Urzáiz de Vigo
Galicia dispón de 28 puntos habilitados polo Sergas para poder facer un test de antíxenos de balde con todas as garantías. É un servizo moi estimado pola poboación. Museos, recintos feirais, hospitais ou estacións de tren son algúns dos puntos onde os usuarios poden acudir a realizar un test diagnóstico.
En Vialia Vigo superan este domingo o 50% de positividade, as xornadas dominicais a maioría dos que acoden teñen síntomas, son contacto de positivo ou teñen a sospeita.
Ao de Vigo pódese acudir con ou sen cita aínda que teñen prioridade os viaxeiros e os citados. Os test que se fan aquí son de proba de saliva con hisopo, cómodos e doados de facer sobre todo para a poboación infantil, a máis afectada nestes momentos.
Entre o goteo constante de pacientes tamén atopamos algúns precavidos que queren saber se son positivos para cortar a transmisión do virus.