Publicador de contidos

Publicador de contidos

2.750 matriculados en Galicia para a ABAU extraordinaria que comeza o martes

2.750 matriculados en Galicia para a ABAU extraordinaria que comeza o martes

O vicepresidente da CIUG Pedro Armas considera que adiantar a convocatoria extraordinaria de setembro a xullo fixo que as notas mellorasen   

G24.gal 10/07/2022 11:30

2.748 alumnos e alumnas de Galicia están inscritos para a convocatoria extraordinaria da ABAU, a proba de avaliación de Bacharelato para o aceso á universidade.

As probas comezarán este martes 12 de xullo e densenvolveranse ata o xoves 13 en catorce comisións repartidas por toda Galicia. O vicepresidente da Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG), Pedro Armas, así llo asegurou á Radio Galega.  

Este 2022 é a terceira vez  en Galicia que a convocatoria extraordinaria se celebra en xullo en lugar de en setembro. Houbo unha proba no curso 2018-2019 e logo retomouse no 2020-2021 tras retomar a convocatoria de setembro debido á pandemia.

Un cambio que, segundo Pedro Armas, fixo que as notas fosen máis altas porque "teñen os contidos máis frescos". 

 "O feito de ter as materias máis frescas ou de que os que se presentan para subir nota e  fixeron a proba ordinaria en xuño teñen todos os contidos máis frescos, non hai un verán por medio e nótase así  unha melloría das notas no caso da extraordinaria adiantada". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade