25.000 cartas e 1.300 paquetes sen entregar pola folga nunha oficina coruñesa de Correos
25.000 cartas e 1.300 paquetes sen entregar pola folga nunha oficina coruñesa de Correos
Os traballadores da rúa Entrecruces levan unha semana de folga para pedir máis personal
Os barrios afectados polos atrasos son O Ventorrillo, os Rosais, Labañou e Agra do Orzán
Despois dunha semana de folga, paquetes, cartas e notificacións acumúlanse por milleiros na oficina de reparto da rúa Entrepeñas.
"Hai 25.000 cartas e 1300 paquetes sen entregar nesta unidade desde o día 23, e Correos Noroeste non fixo absolutamente nada para chegar a un acordo", di Xan Xove, o delegado de persoal do sindicato CGT en Correos.
Denuncian sobrecarga de traballo e reclaman máis persoal estrutural todo o ano e de reforzo en campañas extraordinarias como a do Nadal.
"É imposible facer todo o traballo, cada día temos máis sobrecarga e as cartas non chegan a tempo. Os traballadores estamos cansos, é imposible sacar adiante a carga", lamenta Carmen García Codesido, carteira da Unidade 3.
Din que o seguimento do paro está ser do 100 % do persoal fixo e denuncian medidas antifolga por parte de Correos.
"Sabemos que están desviando paquetes a outras unidades e nós estamos en folga, non sei se é legal ou non. Como non haxa avances as cartas non chegarán ata o Entroido", engade a carteira.
Entre os barrios afectados polos atrasos están O Ventorrillo, os Rosais, Labañou e Agra do Orzán.
"En datas coma estas deberían redobrar o servizo e non o fan. A administración non quere solucionar o problema. Hai xubilacións e non cobren as prazas da xente que se xubila", comenta Ricardo Seixo, vicepresidente da asociación de veciños Agra do Orzán .
Correos, pola súa banda, di que respecta a folga, e que está a priorizar a entrega dos envíos máis urxentes. Ademais anuncia que a vindeira semana vai reforzar o persoal da oficina, ata que se normalice a situación provocada polo paro.