Vinte e tres anos de cadea para o autor do crime das Gándaras
O agresor deberá indemnizar con 225.000 a familia da vítima
O crime cometeuse en Lugo en febreiro de 2020
Vinte e tres anos de cadea é a condena imposta a Francisco Javier Belda, o único acusado polo asasinato de Clara Expósito.
O crime cometeuse no barrio lugués das Gándaras en febreiro de 2020 e a vítima, que tiña 47 anos, morreu no seu domicilio logo de recibir diferentes coiteladas no pescozo.
O veredicto do xurado popular lembra a agravante de parentesco entre vítima e agresor e condena a este a pagar 225.000 euros en concepto de indemnizacións aos fillos e ao irmán da muller asasinada.
O xuízo tivo lugar a comezos de xullo e nel o agora condenado xa se declarara culpable, pero atribuíu o acontecido a un forcexo e a atoparse baixo os efectos do alcohol e as drogas, algo que o xurado non considerou crible, á vista desta sentenza.