200 drons iluminaron a noite de Sanxenxo para celebrar os 40 anos da TVG
Moitas caras coñecidas das catro décadas da televisión pública acompañaron os veciños e turistas na praia de Silgar
Mirando arriba acadou o liderado en TV durante a súa franxa de emisión, cunha cota de pantalla do 18,3 %
TVG lidera a noite do 24 de xullo con case un terzo da audiencia galega nos Fogos do Apóstolo
Unha espectacular coreografía luminosa con máis de 200 drons protagonizou a noite na praia de Silgar, en Sanxenxo. Milleiros de persoas desfrutaron dunha actividade programada dentro dos actos de conmemoración dos 40 anos da Televisión de Galicia.
O programa Mirade arriba, presentado por David Espiño e Rocío Delgado, contou con convidados e caras famosas dos diferentes programas e series da canle. Un espectáculo que estivo acompañado dunha narración audiovisual que celebrou as catro décadas da televisión pública.
Líder de audiencia na súa franxa
Mirade arriba foi o produto audiovisual de calquera medio e soporte que logrou chegar a un maior número de galegos na xornada de onte. 275.000 galegos viron ou formaron parte da audiencia do programa, o 10,4 % dos galegos de 4 e máis anos.
Este programa que acadou o liderado en TV durante a súa franxa de emisión acadou unha cota de pantalla do 18,3 %.