Quince feridos no incendio dunha vivenda en Sevilla
Quince feridos no incendio dunha vivenda en Sevilla
Dous adultos precipitáronse desde a vivenda sinistrada a un patio interior e caeron sobre un teito dunha primeira planta

Quince persoas foron feridas nun incendio ocorrido esta tarde nun piso de Sevilla. Un home está grave con queimaduras e contusións.
Dous adultos precipitáronse desde a vivenda sinistrada a un patio interior e caeron sobre un teito dunha primeira planta, sufrindo contusións, e tamén outra persoa, menor de idade, que aparentemente non sufriu lesións.
O resto dos afectados tiveron que recibir asistencia por inhalación de fume. Entre os afectados hai cinco menores.
O suceso ocorreu pouco despois das seis da tarde na rúa Moguer.
#ACTUALIZACIÓN 15 personas han resultado afectadas en el incendio registrado esta tarde en la calle Moguer en #Sevilla
— Emergencias 112 (@E112Andalucia) January 30, 2023
➡️Un adulto herido grave con quemaduras y contusiones
➡️El resto de los afectados por inhalación de humo, entre ellos cinco menores. Han sido evacuados 👇 https://t.co/Fb4A4IKGEk