Publicador de contidos
Publicador de contidos

Catorce casos de botulismo en Europa en persoas que foran a Turquía

Catorce casos de botulismo en Europa en persoas que foran a Turquía

Dos catorce casos, doce son en Alemaña

Dez foron á mesma clínica turca inxectar a toxina botulínica 

É un tratamento para adelgazar que causa a saciedade

Varios ingresaron en UCI

G24.gal 14/03/2023 07:54

Alerta en Europa por detectárense catorce casos de botulismo, doce deles en Alemaña, en persoas que viaxaran a Turquía para recibir unha inxección gástrica de neurotoxina botulínica, usada para perder peso.

Os casos que notifica o Centro Europeo para o Control e Prevención de Enfermidades son todos de persoas de mediana idade, e dez delas foron á mesma clínica. Varios pacientes precisaron de ingreso en UCI. A toxina inxectada axuda a comer menos porque induce á saciedade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar