Publicador de contidos

Publicador de contidos

13 mortos e polo menos 41 feridos nun incendio dunha discoteca en Tailandia

13 mortos e polo menos 41 feridos nun incendio dunha discoteca en Tailandia

Os bombeiros sinalaron nun comunicado que necesitaron máis de dúas horas para controlar o lume debido á gran cantidade de material inflamable dentro do local

G24.gal 05/08/2022 07:37

13 persoas morreron e polo menos 41 resultaron feridas nun incendio durante esta madrugada nunha discoteca na provincia de Chonburi, ao sueste de Bangkok.

O incendio comezou ao redor das 1:25 na discoteca Mountain B, segundo os equipos de rescate do distrito de Sattahip, que apuntaron que as vítimas mortais son catro mulleres e nove homes.

Todos os feridos foron trasladados a un hospital da provincia.

Os bombeiros sinalaron nun comunicado que necesitaron máis de dúas horas para acougar o lume debido á gran cantidade de material inflamable dentro do local, como aparellos de aire acondicionado e illante de son.

Os vídeos publicados polos equipos de rescate mostran o local devorado por enormes chamas e decenas de persoas fuxindo do lume. 
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade