Publicador de contidos
Publicador de contidos

Xurxo Ayán: "Hai 1.000 km de fronte de guerra con miles de soldados desaparecidos que queremos dignificar"

Xurxo Ayán: "Hai 1.000 km de fronte de guerra con miles de soldados desaparecidos que queremos dignificar"

Arqueólogos do INCPIT e a Universidade Complutense están a documentar en Guadalaxara un dos primeiros campos de concentración franquista para prisioneiros republicanos

A exhumación de soldados republicanos realizada no pobo de Anábades permitiu reconstruir a tráxica Batalla Olvidada de 1938

Localizaron munición soviética dos rifles Mosin-Nagant, elementos de hixiene persoal, un peite para os piollos, moedas da República e mesmo unha culler con iniciais gravadas

G24.gal 13/05/2024 15:27 Última actualización 13/05/2024 16:47

En 1938 o Exército Popular da República iniciou unha ofensiva para tentar desviar forzas franquistas que estaban avanzando por Aragón. Desde a arqueoloxía e a antropoloxía forense puidose reconstruír os últimos días de tres soldados republicanos nesa batalla. Estes tres homes refuxiados nunha pequena cova cavada por eles mesmos foron alcanzados por algúns dos máis de 400 proxectís caídos na zona. A análise forense demostra que un dos soldados apenas contaba con 18 anos, mentres que outro xa era veterano e podería contar con 40 anos de idade. O batallón estaba composto por 600 homes, polo que haberá que buscar en arquivos con quen se corresponden os obxectos persoais atopados no refuxio.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade