Xurxo Ayán: "As mulleres dos escravos de Cuelgamuros fixeron as choupanas coas súas propias mans"
En 2022 o CSIC fixo escavacións arqueolóxicas en Cuelgamuros, para reconstruír vida dos presos políticos que construíron o monumento
Os familiares destes presos construían cabanotes cerca deles que estiveron habitados entre 1947 e 1950
Canteiros galegos traballaron nas obras da Exedra, nunha empresa portuguesa que tamén empregaba presos en réxime de escravitude
Chegaron ao Val dos Caídos non para rescatar corpos, nisto están outros equipos, senón para escavar nos campamentos dos obreiros e nas cabanas construídas polos familiares. Nunha desas casoupas sabemos que naceu unha nena galega. É unha das historias que o arqueólogo Xurxo Ayán rescata das ruínas das construcións ao abeiro do antigo Val dos caídos construído por presos políticos condenados a traballos forzados no franquismo.