"Vólvoo repetir por se a alguén lle esqueceu: o obxectivo é manter a categoría"
Agradeceu o apoio dos seareiros cun horario tan complicado
Restoulle importancia a derrota contra o Oviedo: "Non estamos tan mal"
O Rácing viaxa mañá a Xixón, onde vai contar co apoio de máis dun milleiro de afeccionados. Cristóbal agradeceu na previa o esforzo do racinguismo.
"É un domingo ás 21 da noite. Con luns laboral onde moita xente ten que ir traballar ou estudar. Admiración e agradecemento polo apoio".
O técnico seguía dándolle voltas ao equipo esta mañá na Gándara. E é que vai ter que recompoñer o medio do campo porque, ademais da de Chuca, conta coas baixas de Álex López e Bernal. Por contra, recupera a Clemente e a David Castro.
Logo da última derrota contra o Oviedo, o técnico quixo lembrar que o obxectivo é a permanencia, pero defendeu o traballo feito durante o resto da temporada, que ten ao Rácing nunha gran situación.
"Perdemos un partido, isto é o fútbol. O vestiario sabe o que hai. Non estamos tan mal, o noso obxectivo e manter e consolidarnos na categoría".