Publicador de contidos

Publicador de contidos

Vértebras, Najla Shami e De Ninghures, nas músicas do 'Zigzag'

Vértebras, Najla Shami e De Ninghures, nas músicas do 'Zigzag'

Najla Shami debuta como produtora no tema Antela xunto a Gabi Reboredo

Vértebras: hip hop feminista dende Vigo para as voces esquecidas

De Ninghures pásanse ao autotune producidos por Juan de Dios

G24.gal 13/12/2023 14:39 Última actualización 13/12/2023 16:47

Nova entrega do libro disco Oceanoe: travessia polo Mar das Antelas. Desta volta Najla Shami e Gabi Reboredo recuperan unha cantiga gravada por Alan Lomax en Corcubión en 1952. Antela é o primeiro traballo como produtora da artista galego-palestina.

Vértebras son un dúo de rapeiras, Ika Subversiva e Amari que publican o terceiro adianto do seu primeiro disco: Moito Love. O seu primeiro tema en galego no que convidan a dar amor e e tecer redes.

De ninghures publican "Morena" ao abeiro do programa Sonaremerxente da Fundación Paideia. Un tema hedonista que convida ao baile, no que empregan o autotune e que foi producido por Juan de Dios.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos