Verónica Ferreiro: "Cando canto sinto unha gran sensación de liberdade"
O proxecto sitúase a medio camiño entre o jazz, folk e música clásica coa voz de Verónica e as composicións de Javier Sánchez
No Maio Jazz tocarán cun formato de quinteto con Moisés Sánchez no piano, Ander García no contrabaixo e Borja Barrueta na batería
Verónica Ferreiro & Javier Sánchez Quinteto, mañá no Teatro Colón, A Coruña
'Mais volta sempre o mar
onde o vento mexe as ondas
e bailan as lembranzas
e o tempo non se ve".
Son algúns dos versos que canta Verónica Ferreiro no tema 'Praia'. A voz desta música de jazz soará maña sábado non Teatro Colón dentro do ciclo Maio Jazz. Coa voz e os poemas de Verónica Ferreiro e a guitarra de Javier Sánchez naceu un traballo que xurdiu como un dúo acústico, despois rodeouse da forza dunha orquestra de cordas, gravouse nun disco titulado 'Camiño' e volve agora ao Teatro Colón cun formato de quinteto.