Publicador de contidos
Publicador de contidos

Uqui Permui: "A da violencia de xénero non foi unha campaña feminista, é unha campaña social"

Uqui Permui: "A da violencia de xénero non foi unha campaña feminista, é unha campaña social"

'Sempre libres e vivas' recolle o resultado dunha campaña que se iniciou en 2015 e se converteu xa nunha acción social

A dimensión comunitaria da campaña ten o seu principal reflexo na apropiación da mensaxe por parte da poboación

Máis de 150, concellos, 72 centros de ensino, 235 colectivos e 290 empresas sumáronse á campaña que chegou a Europa ou México

G24.gal 25/11/2024 14:02 Última actualización 25/11/2024 17:01

"En que intre nacen os símbolos? A pregunta vai agromando desde os pés, por baixo da mesa, a medida que se van deitando as palabras sobre ela".

Tamara Montero comeza así o prólogo do libro 'Sempre libres e vivas', que recolle o resultado dunha campaña contra a violencia de xénero que se transformou xa nunha acción social, ou de como unha gráfica se converte nun símbolo.

Hoxe convidamos a Uqui Permui, deseñadora desta campaña  editora tamén desta publicación. Facémolo o 25 de novembro Día internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres', despois dunha fin semana na que varias mulleres foron agredidas e asasinadas. 1286 asasinadas desde 2003.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos