Cargando resultados...
Ugía: "Basal será unha viaxe musical entre a saga de canto familiar e a creatividade da miña filla con parálise cerebral"
Ugía: "Basal será unha viaxe musical entre a saga de canto familiar e a creatividade da miña filla con parálise cerebral"
A Mariña luguesa será moi protagonista en Basal, o novo traballo de Ugía
Haberá sintetizadores e terá cancións que convidan ao baile
Edítao a disqueira Raso, casa de Baiuca ou Caamaño & Ameixeiras
G24.gal
04/04/2024 14:55
Última actualización 04/04/2024 16:23
Ugía Pedreira ultima para este verán un novo álbum, Basal. Este traballo nace dende a súa terra natal, A Mariña luguesa. Alí estivemos con ela para coñecer un adianto dun álbum especial que xira arredor da súa filla Lúa, das súas amizades e da licenciatura que estudou, a psicoloxía.