Publicador de contidos

Publicador de contidos

Oliver Laxe: "Todo o mundo nos di que é a película do festival"

Oliver Laxe: "Todo o mundo nos di que é a película do festival"

Primeiras palabras de Oliver Laxe na Radio Galega antes do pase en Navia de Suarna

O director galego acaba de conseguir o Premio do xurado no Festival de Cannes

G24.gal 25/05/2025 12:45 Última actualización 25/05/2025 14:18

No coche de camiño ao aeroporto de Marsella, Oliver Laxe conversou co programa Galicia por diante fin de semana da Radio Galega para valorar o premio do xurado recibido polo seu filme Sirat no Festival de Cannes. 

 "Todo o mundo nos di que é a película do festival que máis marcou o espectador. Nunca me pasou tal. Onte houbo un pase especial, que estaba cheo. Houbo un apagamento e a xente agardou. A xente non a quería perder, era como un evento".

Desde a periferia, Laxe acaba de entrar no selecto grupo de directores españois premiados en Cannes con Buñuel, Almodóvar, Saura, Berlanga ou Erice. Sirat pasou por Cannes acadando o premio do xurado na sección oficial, pero tamén dando que falar entre o público. Non pasaron 24 horas e o filme vaise ver en Navia de Suarna.

"Son dos Ancares e á xente teño ganas de acollela e de coidala. Que mellor que unha estrea na casa, paréceme moito máis natural que unha estrea en Santiago ou A Coruña. A miña teima é facer da periferia o centro".

O filme estréase nas salas comerciais o vindeiro 6 de xuño.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade