Cargando resultados...
The Rapants: "Este disco é chuletón de vaca vella, e vale para morrear"
The Rapants publican o seu terceiro disco, La máquina del buen rollo
O videoclip de Fai tempo, dirixido por Anxo Beiro, é finalista dos premios Mestre Mateo
O 23 e 24 de marzo estrearán o disco na Capitol de Santiago, coas entradas esgotadas
Samu e Mati, dous membros de The Rapants
G24.gal
16/03/2024 11:30
Última actualización 13/03/2024 17:44
A banda que está hoxe connosco sacou entradas para un concerto na Sala Capitol de Santiago e esgotáronse en 15 minutos, así que pecharon co local un segundo concerto ao día seguinte e esgotáronse as entradas en dúas horas. Non son Rosalía nin C. Tangana ou Dani Martín, son The Rapants.