Cargando resultados...
			
		
	
		
	
	
	
		
		
		"Soño con volver vivir o derbi en Primeira", asegura Bergantiños
                            G24.gal
                        
                            27/04/2022 21:31
                        
                        
                        
                        
                    
                    Á presentación dun proxecto que pretende recuperar parte das redes vellas do mar acudiu o capitán do Deportivo Álex Bergantiños. O mediocentro asegurou que lle gustaría volver a vivir "un derbi en Primeira. O Dépor é onde ten que estar por historia, por afección e por todo o que representa o club. O fútbol galego merece un partido como ese" aínda que recoñece que "é un soño tal e como está a situación do equipo".
Bergantiños e o Deportivo asumen que o importante é asegurar o segundo posto e chegar nas mellores condicións posibles á fase de ascenso. Poder xogala en Riazor sería "moitísimo mellor porque estariamos máis cómodos e sería un plus para nós. Será moi complicado, os play off a partido único son impredicibles".