Cargando resultados...
Sokram: "Pensamos dende a perspectiva do Cemento Musgo, un trasgo protector da natureza"
Cemento Musgo é un proxecto de Sokram, o pioneiro do gif art A.L. Crego e o produtor parisiense Coio
A natureza que invade espazos industriais é unha das inspiracións de Cemento Musgo
Dende o hip hop camiñan por estilos como o metal ou o lo-fi, buscando a coherencia entre imaxe, música e texto
G24.gal
02/04/2024 14:41
Última actualización 02/04/2024 16:21
Cemento Musgo pode parecer un grupo de música, pero realmente é un ser creativo orgánico que medra en espazos industriais abandonados e en ríos canalizados baixo o asfalto. Tres artistas xuntáronse para crear un 'visu álbum' que rompe esquemas.