O concello galego onde o colexio electoral sempre queda preto da casa
Con dous quilómetros cadrados de extención, Mondariz Balneario é o municipio máis pequeno de Galicia
Mondariz Balneario, sen guión dende marzo segundo o novo nomenclator de 2026, é o concello máis pequeno de Galicia, con 2,3 quilómetros cadrados de superficie.
De cara a unhas eleccións coma as deste domingo, significa que a súa poboación non precisa facer un gran despazamento para ir votar ao único colexio electoral que sempre se instala no baixo do concello.
"Temos censadas 650 persoas para estas eleccións. Desde que me puxen a andar e cheguei ata o colexio electoral eu creo que tardei uns trinta segundos. Porque vivo aí enfronte. Non tiven que madrugar en exceso", conta a TVg ara Zas, que é a presidenta a mesa electoral no colexio de Mondariz balneario.
Neste mundo en pequeno, con centro médico, oficina de correos, restaurantes e, por suposto, un Balneario con avoengo, viven 740 habitantes, 384 homes e 356 mulleres.
É cativo en extensión, pero non en poboación. De feito, triplica a de Negueira de Muniz, onde residen 236 persoas segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística.
Municipio desde 1924, tras separarse de Mondariz, ten unha única parroquia, Nosa Señora de Lourdes, e cinco lugares. No centro tamén hai farmacia, ximnasio e unha escola.