Publicador de contidos

Publicador de contidos

Máis de 77.000 electores votarán por primeira vez en Galicia

Máis de 77.000 electores votarán por primeira vez en Galicia

Os novos votantes representan un 2,80 por cento do censo electoral en Galicia

Acuden con ilusión a votar e nalgúns casos tamén forman parte das mesas electorais

G24.gal 29/11/2026 15:19

Dos case tres millóns de electores chamados a partiicipar en Galicia, algo máis de 77 mil poderáno facer por primeira vez. Esa experiencia de estrear un dereito pleno como cidadán vívese de xeitos diversos.

"Votar é moi importante e xa estaba desexando vir votar. Faime moita ilusión", comenta unha moza que votou por primeira vez, en Vigo.

Un destes mozos que votará por primeira vez é Antón. Ten 19 anos, estuda un ciclo superior de laboratorio e hoxe ademais de achegarse ao colexio electoral de Andrade, no concello coruñés de Pontedeume, para exercer o seu dereito a voto, tamén o fai porque lle tocou formar parte da mesa electoral. 

"É a primeira vez que me puido tocar (participar nunha mesa electoral)  e tamén que podo votar", comenta Antón Salido Carballo.

Tras constituir a mesa electoral, distribúense as papeletas e esperase á apertura do colexio. Os primeiros votantes chegan cinco minutos despois. A novidade de votar non é a única para Antón, xa que por primeira vez tamén poderá facelo co dni electronico, mais terá que esperar ata o final da xornada.

"O votante que vén xera un código QR polo teléfono móbil e nós temos que verificar cun lector se está correcto ou é válido", apunta Francisco Ameneiro, presidente da mesa electoral en Andrade, Pontedeume.

Mentres para os participantes da mesa electoral o proceso é diferente: "Nós cando acaben todos, entregamos o voto por correo e votamos", comenta Antón.

Á parte do suplente, que chegou con hora e media de retraso sen consecuencias, a xornada transcorre con normalidade. 

"Non sei por que pero eu contaba con que me tocase. Na casa xa me dixeron que me tocaría, rindo de min.  Pero é o que hai", recoñece Antón Salido, que votaba por primeira vez nesta xornada.

Hoxe  tivo que renunciar ao partido de fútbol que xoga co seu equipo os domingos; a cambio coñeceu de primeira man como funciona o sistema democrático que fundamenta a nosa sociedade.

 

 

 

 

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade