Cargando resultados...
			
		
	
		
	
	
	
		
		
		Silvia García: "Quería traballar cos rastros materiais dos que xa non están"
Vellas fotografías, palabras escritas, recortes de prensa e imaxes antigas falan de memoria e aprendizaxe
A mostra complétase cun vídeo que recolle o seu traballo nunha vella casa labrega
'Aprender do lugar (de todo queda algo)'. Silvia García na galería Patio de Luz en Santiago
                            G24.gal
                        
                            04/12/2024 14:47
                        
                        
                                Última actualización 04/12/2024 16:20
                        
                        
                    
                    Aprender do lugar, da casa abandonada, do branco das paredes que resistiu, doutras memorias... ou dos papeis gardados.
'Aprender do lugar (de todo queda algo)' é o título da mostra que Silvia García presenta no Patio de Luz de Santiago. Un traballo multidisciplinar que, entre outras cousas, fala do pasado e da importancia de non esquecer as persoas que o habitaron.