Silvia García: "Abfall 8 de Mauro Trastoy: pezas que veñen do pasado e interactúan entre elas"
Abfall 8, de Mauro Trastoy, ata o 15 de xuño na galería Marisa Marimón de Ourense
A súa obra responde a unha inquietude perpetua que resitúa o límite entre o boceto e a obra acabada e a resignificación dos oficios tradicionais
Abfall é unha serie, unha sucesión, aparentemente inconexa, pero con sentido, dun conxunto de artefactos que cambian en función do espazo e o contexto. É o autor quen determina qué é ou non un Abfall.
Nesta ocasión, na Galería Marisa Marimón de Ourense emerxe Abfall 8. Esta nova parada xurde como unha tentativa de desprenderse de todo o traballo desenvolvido polo artista nos últimos anos. O traballo de Mauro Trastoy destaca por unha constante ilusión por novos procesos creativos, que van desde a costura, a cerámica ou a fotografía.