Cargando resultados...
Silvia García: "O compromiso era tal, que Antía Cal estivo formándose como mestra ata a xubilación"
Os métodos pedagóxicos de Antía Cal eran innovadores e tiñan en conta o talento e as capacidades dos nenos
Antía Cal, unha mestra innovadora, pode verse no edificio das Redeiras da Universidade de Vigo
Silvia García, comisaria da mostra
G24.gal
03/03/2024 11:30
Última actualización 29/02/2024 17:08
En 1961 na rúa Pizarro de Vigo abriu o colexio Rosalía de Castro. Un centro dirixido por unha nova mestra, Antía Cal, laico, con nomes de galeguistas nas aulas, e pequerrecho, foi a semente dunha escola innovadora e uns métodos pedagóxicos que no centenario de Antía Cal a Universidade de Vigo homenaxea cunha exposición no edificio das Redeiras en Vigo: Antía Cal, unha mestra innovadora.