Publicador de contidos

Publicador de contidos

'Salvaxe, salvaxe' e 'Tratamos demasiado bien a las mujeres', no Festival de Málaga

'Salvaxe, salvaxe' e 'Tratamos demasiado bien a las mujeres', no Festival de Málaga

Salvaxe salvaxe, é un documental de Emilio Fonseca producido por Xiana do Teixeiro que reflexiona sobre a vida salvaxe a través da observación dos lobos 

Tratamos demasiado bien a las mujeres foi rodada en Vilalba e está protagonizada por Carmen Machi e Luís Tosar

Tótem chega ás carteleiras tras pasar polos festivais de Berlín, San Sebastián ou Ourense

G24.gal 29/02/2024 15:20 Última actualización 29/02/2024 16:45

Tratamos demasiado bien a las mujeres é unha película que discorre practicamente nunha soa localización: a Escola Unitaria de San Simón da Costa, en Vilalba, rodeada de neve por todas partes, porque simulan estar no Val de Arán. É un filme con algo de teatral e esperpéntico, chea de humor negro e algunha chiscadela fantástica, con Carmen Machi como protagonista absoluta.

Salvaxe, salvaxe, segundo os promotores da película, é un antidocumental de natureza en que se indaga na situación do lobo ibérico no sur de Galicia e no norte de Portugal en colaboración con grupos de científicas que están investigando os ecosistemas en que se moven estes animais.

Fermosa e triste e dura a partes iguais, Totem é un filme de Lila Aviés que pasou polos festivais máis importantes e representou a México nos Óscar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade